Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos electrónicos programables
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas realizados nas
sesións de prácticas correspondentes ao tema 5 de laboratorio de acordo aos
criterios de valoración.
Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos
circuítos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
10 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo autónomo.

Realizaranse dous traballos.

O primer traballo consistirá no deseño dun periférico complexo. O periférico debe estar formado por unha unidade de control e unha unidade operativa e debe estar diseñado de acordo o método estudiado no tema 9 de teoría da asignatura
O contido correspóndese co tema 6 de laboratorio.

O segundo traballo consistirá no deseño dun sistema encaixado de complexidade media. O sistema encaixado debe estar formado polo microprocesador e os seus periféricos. Ademáis, debe incluir os circuitos auxiliares necesarios para o seu funcionamento. Tamén é necesario realizar o programa do microprocesador en linguaxe ensamblador.
O contido correspóndese co tema 7 de laboratorio.

Nos dous traballos avaliarase o correcto funcionamento dos circuitos e programas realizados nas sesións de prácticas correspondentes a ditos temas de laboratorio e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado, de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ó profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuitos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
40 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Este exame incluirá dous tipos de cuestións:

1) Tipo test de resposta múltiple con preguntas sobre os temas de teoría.

2) Problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CE14/T9 e CE15/T10.
50 B3
B4
C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10.

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.

Os alumnos deben escoller ao principio do cuadrimestre se optan pola avaliación continua ou pola avaliación única.

Os alumnos que opten pola avaliación única non serán avaliados en ningunha das probas de avaliación continua.

As distintas tarefas deben realizarse e/ou entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas.

En caso de detección de plaxio en calquera das probas (exames teóricos ou de laboratorio, prácticas de laboratorio, traballo tutelado, etc.) a cualificación final será de suspenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro aos efectos oportunos.

A materia componse dunha parte teórica e unha parte de laboratorio. Cada unha delas supón o 50 % da nota total.

A parte teórica consiste nun exame final. Este exame final será igual para todos os alumnos, independentemente de que optasen ou non pola avaliación continua.

O exame será na data do exame final de cuadrimestre que determine a Escola.

AVALIACIÓN CONTINUA (primeira oportunidade):

A asistencia a clase de laboratorio é obrigatoria na avaliación continua.

Pódese faltar como máximo a 1 sesión de prácticas sen xustificar.

O alumno que non asista a algunha sesión por causa xustificada, recibirá unha nota igual a 0 nesa sesión, pero continuará en avaliación continua.

Aínda así, se se falta a máis de 3 sesións por causa xustificada, será necesario realizar un traballo adicional individual para poder seguir en avaliación continua.

Os alumnos realizarán as prácticas e os traballos en grupos de dous alumnos durante a avaliación continua sempre que sexa posible.Os dous estudantes recibirán a mesma nota.

Recoméndase aos alumnos en avaliación continua asistir ás clases teóricas, pois a experiencia demostra que inflúe de forma determinante na taxa de éxito da avaliación continua.

É obrigatorio entregar todas as probas de avaliación continua na data estipulada polo profesor. Tamén é obrigatorio presentarse ao exame teórico na avaliación continua.

Ningunha das probas é recuperable.

Se non se cumpre algunhas das condicións anteriores, o alumno que estaba en avaliación continua perderá o dereito a ela e estará automaticamente suspenso.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota do exame teórico sexa maior ou igual que 4 sobre10.

· A nota conxunta de laboratorio sexa maior ou igual que 5 sobre 10.

· A nota global da materia sexa maior ou igual que 5.

En caso de superar as distintas probas, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada proba:

NF = 0,50 * ET + 0,10 * PL + 0,20 * TT1 + 0,20 * TT2

En caso de non superar todas as probas (nota de teoría< 4 o nota conxunta de laboratorio < 5), a cualificación final (NF) será:

NF= mínimo [4,5; (0,50 * ET + 0,10 * PL + 0,20 * TT1 + 0,20 * TT2) ]

sendo:

ET = Nota exame de teoría

PL = Nota das prácticas de laboratorio correspondentes ao tema 5.

TT1 = Traballo Tutelado práctico que consiste no deseño dun periférico complexo.

TT2= Traballo Tutelado práctico que consiste no deseño dun sistema encaixado de complexidade media.

Os alumnos que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación única ningunha tarefa co obxectivo de subir a nota.

Aos alumnos en avaliación continua que entreguen tódalas probas e realicen o exame de teoría, se non aproban a asignatura en avaliación continua, conservaráselles a nota da parte da materia (teoría, laboratorio) na que sacasen o mínimo esixido, só ata a segunda oportunidade dese mesmo curso académico.

AVALIACIÓN FINAL (primeira e segunda oportunidade) E AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA (fin de carrera):

Os alumnos que opten pola avaliación única (xa sexa na primeira ou na segunda oportunidade) ou pola avaliación extraordinaria deberán realizar un exame teórico e un exame de laboratorio individualmente.

Para poder realizar o exame do laboratorio, será necesario anotarse previamente, nas datas que se comuniquen aos alumnos a través da plataforma FaiTIC.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota do exame teórico sexa maior ou igual que 4 sobre10.

· A nota do exame de laboratorio sexa maior ou igual que 5 sobre 10.

· A nota global da materia sexa maior ou igual que 5.

En caso de superar as distintas probas, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada proba:

NF= 0,50 * ET + 0,50 * EL

En caso de non superar todas as probas (nota de teoría< 4 ou nota de laboratorio < 5), a cualificación final (NF) será:

NF= mínimo [4,5; (0,50 * ET + 0,50 * EL) ]

sendo:

ET = Exame de teoría.

EL = Exame de laboratorio.

Exames teóricos.

O exame teórico incluirá preguntas de tipo test e problemas prácticos sobre todos os temas que se estudaron na materia. Para obter a máxima nota deberán contestarse correctamente todas as preguntas do exame.

Este exame realizarase no lugar e datas que determine a Escola.

Realización de prácticas de laboratorio guiadas (só para avaliación continua).

Só se avaliarán os circuítos e programas realizados nas sesións de prácticas que se corresponden co tema 5 de laboratorio.

Traballos tutelados de laboratorio (só para avaliación continua).

Traballo 1. Periférico complexo. Deseño dun periférico para o microprocesador utilizado na materia. O periférico debe estar formado por unha unidade de control e unha unidade operativa, de acordo ao método estudado no tema 9 de teoría da materia.

Traballo 2. Sistema encaixado. Deseño dun sistema encaixado baseado no microprocesador estudado na teoría da materia. Este sistema encaixado debe incluír o periférico complexo realizado no traballo 1.

Os criterios de valoración, tanto das prácticas de laboratorio guiadas como do traballo tutelado son os seguintes:

- Todos os apartados deben funcionar perfectamente para obter a máxima nota.

- Valorarase a adición de funcionalidade adicional á mínima requirida no enunciado.

- É obrigatorio ensinar o funcionamento de cada apartado na sesión de prácticas indicada polo profesor.

- É obrigatorio entregar os ficheiros que se indican nos enunciados de prácticas antes da data límite indicada polo profesor.

De non cumprirse estas condicións, os apartados correspondentes non serán cualificados.

Exame de laboratorio (só para avaliación única).

O exame consistirá no deseño de circuítos en VHDL e programas en ensamblador para o microprocesador utilizado na materia. Estes circuítos e programas poderán formar parte dun periférico complexo ou dun sistema encaixado e terán unha complexidade similar aos deseñados nas prácticase o traballo tutelado de laboratorio da materia.

O alumno deberá realizar as simulacións e probas na placa de desenvolvemento estipuladas no enunciado do exame no tempo asignado.

Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o día do exame o funcionamento de cada un dos circuítos e programas.

Todos os apartados deben funcionar perfectamente para obter a máxima nota.

Valorarase a adición de funcionalidade adicional á mínima requirida no enunciado.

É obrigatorio entregar os ficheiros que se indican no enunciado.

De non cumprirse estas condicións, os apartados correspondentes non serán cualificados.

Avaliarase o correcto funcionamento e a correcta aplicación dos conceptos teóricos aos circuítos e programas realizados durante o exame, de acordo aos mesmos criterios de valoración que se seguen para as prácticas e o traballo tutelado de laboratorio durante a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000