Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.
Avaliación continua (EC):
- A parte teórica componse dun exame final (cun valor de 5 puntos). Este exame final será igual para todos os alumnos, independentemente de que optasen ou non pola EC.
- O estudante segue a avaliación continua desde o momento en que fai entrega da primeira práctica.
- A parte práctica componse de tres prácticas, que valerán 1, 2 e 2 puntos respectivamente. A primeira práctica é de entrega obrigatoria e, como mínimo, deberase entregar algunha das dúas restantes.
- A primeira práctica entregarase na semana 6.
- A segunda práctica valdrá 2 puntos e dividirase en dous partes, para facilitar a súa realización, que se entregarán nas semanas 11 e 15 respectivamente. Tras a entrega de cada parte, o alumno poderá facer unha segunda entrega, se non se cumpren os requisitos establecidos, que implicará penalizacións na nota. Tras a segunda entrega xa non se poderá modificar o código entregado e avaliarase tal cal estea.
- A terceira práctica valerá 2 puntos e poderase entregar ata a semana 16.
- Ao terminar o exame teórico realizarase unha sinxela proba práctica no laboratorio (relacionada coas prácticas propostas) para comprobar que o alumno domina adecuadamente o código da súa propia práctica. Esta proba práctica proporciona unha nota (Npp) entre 0 e 1, en función do tempo que les leve resolvela. A nota de prácticas obterase tras a multiplicación das notas prácticas e da proba práctica: Nota Prácticas = (P1+P2+P3) x Npp
- No caso de que a nota resultante sexa inferior a 2 puntos, o alumno deberá realizar as prácticas da seguinte convocatoria e volver a presentarse a esta proba práctica.
- Para aprobar a asignatura, o aluno deberá obter un mínimo de 5 puntos sumando as partes téorica e práctica (con un mínimo de 2 puntos en cada unha delas).
Avaliación ao final do cuadrimestre: O alumno que non optase pola EC deberá realizar o exame teórico e entregar, antes do día do exame final, as prácticas propostas ao longo da materia (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento), para sumar un mínimo de 5 puntos na nota final. Ademais, deberá igualmente obter un APTO na proba práctica tras o exame teórico. Polo tanto as condicións impostas son as mesmas que no caso da EC e o único que cambia é a data de entrega das prácticas (que será notificada previamente) e que en este caso non se permite a súa reentrega.
Superación da asignatura: Tanto no caso de EC como da evaluación o final do cuatrimestre, para aprobar o alumno deberá obter o menos 5 puntos sumando a parte teórica e a práctica (con un mínimo de 2 en cada unha de elas) e obtener un APTO na proba práctica do día do examen.
Recuperación o final de curso: o alumno deberá realizar a parte que non superase (exame, prácticas, e/ou proba práctica). As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionais.
As prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.