Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de son e imaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: programa, bibliografía, metodoloxía docente e sistema de avaliación.

Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos conceptos principais de cada tema, fomentando a discusión crítica. Se explican as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas. O alumno debe tomar como referencia de contidos de exame os que se indican no documento guía de cada tema.

Traballo persoal posterior do alumno repasando os conceptos vistos na aula e ampliando os contidos tomando como referencia os documentos de apuntamentos de cada tema.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.

Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
Resolución de problemas Exposta unha determinada situación, o alumno debe obter a solución adecuada dunha forma razoada, elixindo correctamente as fórmulas aplicables e chegando a unha solución válida.

Os alumnos resolven os problemas previamente á clase, na cal, participarán activamente.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.

Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
Prácticas en aulas informáticas Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas.

Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
Foros de discusión A web da materia en http://faitic.uvigo.es está incluída na plataforma de teledocencia Tema. A subscrición a esta plataforma, incluíndo unha fotografía é de carácter obrigatorio. Na web, está accesible toda a información relacionada coa materia; publícanse as notas da avaliación continua e créanse foros para que os alumnos intercambien ideas e comenten dúbidas sobre a materia.

Competencias desenvolvidas: CG3, CG5, CE13, CT3.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000