Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Técnicas de transmisión e recepción de sinais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Versará sobre todos os contenidos da asignatura e realizarase durante o período de exames establecido polo Centro.

Nesta proba avalíanse as competencias A3, A4, A6, A18, A19 e A29.
60
Probas de resposta curta Realizaranse tres probas curtas ao longo do cuatrimestre.

Nestas probas avalíanse as competencias A3, A4, A16, A18 e A19.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aqueles alumnos que opten pola avaliación continua: 

- Exame final: 60% 

- Tres probas puntuables: 40% (10% a primeira, 15% cada unha das outras)

(aproximadamente nas semanas 5, 9, e 14). Os resultados daranse a coñecer nun tempo razoable desde a súa realización. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores non teñen obrigación de repetilas. En cada proba puntuable avaliaranse conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata a semana anterior á súa realización, inclusive.

  

Para aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua:

- Exame final: 100%

Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a unha calquera das probas (xa sexan probas puntuables ou exame final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a unha calquera das probas puntuables. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final.

Os alumnos que así optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de suspenso, independentemente de que se presenten ao exame final ou non.

A nota dos puntuables consérvase para a convocatoria de Xullo, pero non para cursos posteriores. 

No exame da convocatoria de Xullo os alumnos que optasen pola avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas puntuables ou ser avaliados no exame final sobre o 100% da nota total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000