Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Contidos
Tema Subtema
Introdución Tipos de medios de transmisión, vantaxes e desvantaxes, caracterización.
Liñas de transmisión Familiarización con algunhas das liñas de transmisión máis utilizadas: bifilar, coaxial, par trenzado.
Circuíto equivalente de parámetros distribuídos, ecuacións xerais, parámetros característicos (impedancia característica, velocidade de propagación, constantes de atenuación e de fase).
Atenuación, dispersión e diafonía.
Liña de transmisión en circuíto (coeficiente de reflexión, razón de onda estacionaria, impedancia de entrada).
Carta de Smith.
Guías de ondas Modos, frecuencia de corte, lonxitude de onda
guiada, impedancia de onda. Guía rectangular.
Fibra óptica Estrutura e tipos.
Apertura numérica e cono de aceptación.
Atenuación e dispersión.
Fontes e receptores ópticos.
Ondas de radio e antenas Características das ondas de radio: campo lonxano, integral de radiación.
Concepto de antena e parámetros fundamentais (diagrama de radiación, nivel relativo de lóbulo secundario, ancho de feixe, directividade, ganancia, polarización, impedancia).
Recepción: balance de potencia en condicións de espazo libre (ecuación de Friis), factor de perdas de polarización.
Agrupamentos de antenas.
Prácticas - Manexo de ferramentas informáticas de procura de información técnica, científica e sobre normativa de telecomunicacións.
- Medida e análise de ondas de tensión e corrente e onda estacionaria.
- Fundamentos de transmisión por fibra óptica.
- Adaptación mediante técnicas sinxelas.
- Representación de diagramas de radiación.
- Medida de parámetros básicos de antenas.
- Resolución de problemas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000