Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases que combinarán a exposición dos conceptos a tratar na materia coa realización de pequenos exercicios. Éstos poderán ser resoltos polo docente ou polos propios alumnos individualmente e/ou en grupo. O obxectivo é fomentar o debate na clase e reforzar a adquisición de destrezas.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51 e CE53.
Resolución de problemas No laboratorio, o profesor plantexará pequeños retos que serán resoltos colectivamente para que se poidan debater os conceptos subxacentes, as diferentes opcións de resolución e que os alumnos obterán as destrezas obxectivo da materia.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51 e CE53.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Os alumnos resolverán de forma autónoma os problemas que o profesor lles plantexe no laboratorio. As solucións e as dúbidas que xurdan ó abordar ditos problemas serán postas en común para consensuar a mellor forma de resolución.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51, CE53, CG6 e CG14.
Estudo de casos/análises de situacións Posta en común dos deseños propostos polos alumnos para solucionar o proxecto que teñen que levar a cabo durante a segunda parte do curso. A comparación das diferentes propostas servirá para seleccionar as mellores opcións e como realimentación para, se é oportuno, mellorar os deseños realizados.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE51 e CE52.
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos implementarán o sistema software plantexado polo profesor. Disporán para isto da segunda parte do curso, combinando traballo presencial no laboratorio supervisado polo profesor con traballo non presencial.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE53, CG6 e CG14.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000