A continuación móstrase a planificación da materia por temas, indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes (as datas das probas parciais teóricas e prácticas son tentativas: a planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre).
- Semana 1: Itrodución de teoría + Temas 1 e 2
- Semana 2: Tema 3 | Introdución de práctica + Práctica 1
- Semana 3: Temas 3 e 4 | Práctica 2
- Semana 4: Tema 4 + Proba Teórica 1 (PT1) | Proba Práctica 1 (PP1)
- Semana 5: Tema 4 | Práctica 3
- Semana 6: Tema 5 | Práctica 4
- Semana 7: Tema 5 | Práctica 5
- Semana 8: Tema 5 + Proba Teórica 2 (PT2) | Proba Práctica 2 (PP2)
- Semana 9: Temas 5 e 6 | Práctica 6
- Semana 10: Tema 6 | Finalización de Prácticas + Proxecto (1h)
- Semana 11: Tema 6 | Proxecto (2h) + Entrega do deseño do proxecto (seudocódigo ou diagrama de fluxo)
- Semana 12: Tema 7 + Proba Teórica 3 (PT3) | Proxecto (1h) - Proba Práctica 3 (PP3)
- Semana 13: Tema 7 - Proxecto (2h)
- Semana 14: Proxecto (2h)
- Previo ao período de exames, entrega do proxecto: codificación e memoria de documentación
- Período de exames: Proba Teórica Final (PTF) | Proba Práctica Final (PPF)
Seguindo as directrices propias da titulación, ofrécese ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.
A decisión de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre deberá ser tomada como moi tarde a semana antes daquela na que se realiza a Proba Práctica 2 (PP2).
Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua, é necesario obter unha nota final (NFC) igual ou superior a 5.
A nota final por avaliación continua (que se calculará como a media xeométrica ponderada da nota teórica, a nota práctica e a nota do proxecto) virá dada pola seguinte expresión:
NFC = NTC^0.5 * NPC^0.2 * NPR^0.3
Onde: - Nota Teórica por Avaliación Continua: NTC = 0.1*PT1+0.1*PT2+0.2*PT3+0.6*PTF
- Nota Práctica por Avaliación Continua: NPC = 0.25*PP1+0.25*PP2+0.5*PP3
- Nota do Proxecto: NPR = 0.9*PPF+0.1*PDD
A Proba Teórica Final (PTF) é un exame que pode conter cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios. Avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais.
A Proba Práctica Final (PPF) avalía o proxecto entregado. Aínda que o proxecto desenvólvese en grupo, avalíase de forma individual. De maneira indirecta, a PPF tamén avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
A Proba de Deseño e Documentación (PDD) avalía a calidade do seudocódigo ou diagrama de fluxo que describe o proxecto (entregado na semana 11), e a memoria de documentación do proxecto entregada antes do período de exames.
Nótese que a aplicación da media xeométrica implica que non é posible aprobar a materia se algunha das notas (NPC, NTC ou NPR) é cero.
A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un/ha alumno/a non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesorado non ten a obrigación de repetirllas.
Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas. O alumnado terá opción a coñecer a cualificación de cada tarefa e revisar a corrección nun prazo aproximado de dúas semanas.
Para aprobar a materia no sistema de avaliación única, será necesario obter unha nota final (NFU) igual ou superior a 5.
Esta modalidade consistirá nas mesmas probas que a de avaliación continua (aínda que con distinto peso na nota final), é dicir unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica Final, PTF) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica Final, PPF). A nota final por avaliación única (que se calculará como a media xeométrica ponderada entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:
NFU = PTF^0.5 * NPR^0.5
A todo o alumnado que concorra ao exame final da materia, calcularánselle ambalas duas notas: a nota de avaliación continua (NFC) e a nota de avaliación única (NFU). A nota final que se lle outorgará será a maior de ambas.
A cualificación será de "Non Presentado" nos seguintes casos: - En caso de optar pola avaliación continua, só si non realiza ningunha proba logo da Proba Práctica 1 (PP1).
- En caso de optar pola avaliación única, só si non realiza ningunha das probas finais (PTF e PPF).
----------------------- Na avaliación en segunda oportunidade, para aprobar a materia, será necesario obter unha nota final (NFS) igual ou superior a 5. Nesta segunda oportunidade, realizarase unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica en Segunda Oportunidade, PTS) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica en Segunda Oportunidade, PPS). A nota final en segunda oportunidade (que se calculará como a media xeométrica ponderada entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:
NFS = NTS^0.5 * NPS^0.5
Onde: - Nota Teórica en segunda oportunidade (NTS): se o/a alumno/a preséntase á Proba Teórica en Segunda Oportunidade, NTS será a nota obtida na devandita proba:
NTS = PTS
Se non, NTS será a nota de teoría obtida na avaliación na primeira oportunidade.
- Nota Práctica en segunda oportunidade (NPE): se o/a alumno/a preséntase á Proba Práctica en Segunda Oportunidade, NPS será a suma ponderada da nota obtida na devandita proba e a nota obtida na proba de deseño e documentación:
NPS = 0.9*PPS+0.1*PDD
Se non, NPS será a nota de prácticas obtida na avaliación en primeira oportunidade.
----------------------- Na convocatoria extraordinaria de fin de carreira, para aprobar a materia, será necesario obter unha nota final (NFG) igual ou superior a 5. Nesta convocatoria extraordinaria, realizarase unha proba con cuestións de resposta
curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios
(Proba Teórica de Fin de Carreira, PTG) e unha proba no laboratorio que
avaliará o proxecto (Proba Práctica de Fin de Carreira, PPG). A nota final na convocatoria extraordinaria de Fin de Carreira (que se calculará como a media xeométrica
ponderada entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola
seguinte expresión:
NFG = PTG^0.5 * PPG^0.5
-----------------------
A cualificación obtida en calquera das tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen, é dicir, non se garda ningunha nota dun curso para o seguinte.
-----------------------
En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e o profesorado comunicará á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
-----------------------
|