Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Desenvolverase un proxecto nas últimas semanas do curso, e entregarase o código C que o implementa. A avaliación do proxecto realizarase mediante a proba práctica final . 25 B4
B9
C6
C12
D4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Cada 4 semanas, realizarase unha proba no laboratorio de forma individual que consistirá na realización dun programa no computador.

Farase unha proba práctica final que avaliará a realización das prácticas de laboratorio e do proxecto.
20 B4
C12
Outras Cada 4 semanas, farase un exame que pode conter:
- cuestións de resposta curta
- cuestións tipo test
- resolución de problemas e/ou exercicios
Este exame avaliará o coñecemento dos conceptos introducidos nas sesións maxistrais. Farase unha proba teórica final sobre todos os contidos da materia.
50 B4
C12
Informe de prácticas Tras a segunda semana de desenvolvemento do proxecto, entregarase o seudocódigo ou diagrama de fluxo que describa o seu deseño.
Ao final, entregarase unha memoria coa documentación do proxecto.


5 B4
C12
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A continuación móstrase a planificación da materia por temas, indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes:

  • Semana 1: Itrodución de teoría +  Temas 1 e 2
  • Semana 2: Tema 3  |  Introdución de práctica  +  Práctica 1
  • Semana 3: Temas 3 e 4  |  Práctica 2
  • Semana 4: Tema 4  +  Proba Teórica 1 (PT1)  |  Proba Práctica 1 (PP1)
  • Semana 5: Tema 4  |  Práctica 3
  • Semana 6: Tema 5  |  Práctica 4
  • Semana 7: Tema 5  |  Práctica 5
  • Semana 8: Tema 5  +  Proba Teórica 2 (PT2)  |  Proba Práctica 2 (PP2)
  • Semana 9: Temas 5 e 6  |  Práctica 6
  • Semana 10: Tema 6  | Finalización de Prácticas  +  Proxecto (1h)
  • Semana 11: Tema 6  |  Proxecto (2h)  + Entrega do deseño do proxecto (seudocódigo ou diagrama de fluxo)
  • Semana 12: Tema 7 +  Proba Teórica 3 (PT3)  | Proxecto (1h)  - Proba Práctica 3 (PP3)
  • Semana 13: Tema 7 - Proxecto (2h)
  • Semana 14: Proxecto (2h)
  • Previo ao período de exames, entrega do proxecto: codificación e memoria de documentación
  • Período de exames: Proba Teórica Final (PTF)  |  Proba Práctica Final (PPF)

Seguindo as directrices propias da titulación, ofrécese ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

A decisión de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre deberá ser tomada como moi tarde a semana antes daquela na que se realiza a Proba Práctica 2 (PP2).

Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua, é necesario cumprir dúas condicións: entregar o proxecto (deseño, codificación e documentación) realizado nas semanas 10 a 14 do curso, e obter unha nota final (NFC) igual ou superior a 5. A nota final por avaliación continua (que se calculará como a media harmónica entre a suma das probas prácticas e a suma das probas teóricas) virá dada pola seguinte expresión:

NFC = (2*NTC*NPC)/(NTC+NPC)

Onde:
  • Nota Teórica por Avaliación Continua: NTC = 0.1*PT1+0.1*PT2+0.2*PT3+0.6*PTF
  • Nota Práctica por Avaliación Continua: NPC = 0.1*PP1+0.1*PP2+0.2*PP3+0.5*PPF+0.1*PDD

A Proba Teórica Final (PTF) é un exame que pode conter cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios. Avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais.

A Proba Práctica Final (PPF) avalía o proxecto entregado. Aínda que o proxecto desenvólvese en grupo, se evalúa de forma individual. De maneira indirecta, a PPF tamén avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.

A Proba de Deseño e Documentación (PDD) avalía a calidade do seudocódigo ou diagrama de fluxo que describe o proxecto (entregado na semana 11), e a memoria de documentación do proxecto entregada antes do período de exames.

Nótese que a aplicación da media harmónica implica que non é posible aprobar a materia se algunha das notas (NPC ou NTC) é inferior a 3.3.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un/ha alumno/a non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesorado non ten a obrigación de repetirllas.

Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas. O alumnado terá opción a coñecer a cualificación de cada tarefa e revisar a corrección nun prazo aproximado de dúas semanas.

Para aprobar a materia no sistema de avaliación ao final do cuadrimestre, será necesario entregar un proxecto (deseño, codificación e documentación) como o realizado polo alumnado de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter unha nota final igual ou superior a 5. Esta modalidade consistirá nas mesmas probas que a de avaliación continua (aínda que con distinto peso na nota final), é dicir unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica Final, PTF) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica Final, PPF). A nota final por avaliación final (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:

NFF = (2*NTF*NPF)/(NTF+NPF)

Onde:
  • Nota Teórica por Avaliación Final: NTF = PTF
  • Nota Práctica por Avaliación Final: NPF = 0.9*PPF+0.1*PDD

A todo o alumnado que concorra ao exame final da materia, calcularánselle ambalas duas notas: a nota de avaliación continua (NFC) e a nota de avaliación ao final de cuadrimestre (NFF). A nota final que se lle outorgará será a maior de ambas.

A cualificación será de "Non Presentado" nos seguintes casos:
  • En caso de optar pola avaliación continua, só si non realiza ningunha proba logo da Proba Práctica 1 (PP1).
  • En caso de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre, só si non realiza ningunha das probas finais (PTF e PPF).

-----------------------

Nas convocatorias extraordinarias, para aprobar a materia, será necesario entregar un proxecto (deseño, codificación e documentación) como o realizado polo alumnado de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter unha nota final igual ou superior a 5. Nestas convocatorias, realizarase unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica Extraordinaria, PTE) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica Extraordinaria, PPE). A nota final por avaliación extraordinaria (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:

NFF = (2*NTF*NPF)/(NTF+NPF)

Onde:
  • Nota Teórica por Avaliación Extraordinaria (NTE): se o/a alumno/a preséntase á Proba Teórica Extraordinaria, NTE será a nota obtida na devandita proba:

NTE = PTE

Se non, NT será a nota de teoría obtida na avaliación ordinaria.
  • Nota Práctica por Avaliación Extraordinaria (NPE): se  o/a alumno/a preséntase á Proba Práctica Extraordinaria, NPE será a suma ponderada da nota obtida na devandita proba e a nota obtida na proba de deseño e documentación:

NPE = 0.9*PPE+0.1*PDD

Se non, NP será a nota de prácticas obtida na avaliación ordinaria.

-----------------------

En todas as convocatorias, en calquera das modalidades de cálculo da nota, no caso de incumprir a condición necesaria de presentar o proxecto, a nota final (calculada segundo a correspondente fórmula) estará coutada superiormente a un máximo de 4.5 puntos.

-----------------------

A cualificación obtida en calquera das tarefas evaluables será válida tan só para o curso académico no que se realicen, é dicir, non se garda ningunha nota dun curso para o seguinte.

-----------------------

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e o profesorado comunicará á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

-----------------------

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000