Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral dfghdfghdfgh 0 B3
C1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidos/as polo profesor. 40 B3
C1
C3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
60 B3
C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

En todas as probas de avaliación da asignatura avaliaranse as competencias CG3, CE1 e CE3.

1. AVALIACIÓN CONTINUA.

  • O sistema de avaliación continua consistirá nunha
    sesión de resolución de problemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3 que se
    realizará aproximadamente na semana 8. A valoración será dun 40% da nota, cunha puntuación máxima de 4 puntos
    (AC1).
  • Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
  • As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas. 
  • A
    cualificación obtida na proba de avaliación continua (AC1) será válida tan só
    para o curso académico no que se realice.
  • Entenderase
    que un alumno se acolle a este sistema si se presenta a facer a proba de
    avaliación continua.

2. AVALIACIÓN DE FINAL DE CUADRIMESTRE. 

  • O exame estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cunha puntuación máxima de 4 puntos, e EX2 (temas 4 a 7) cunha puntuación máxima de 6 puntos.
  • É imprescindible presentarse a este exame para poder aprobar a asignatura na primeira convocatoria.
  • Distínguense os seguintes casos:
    • Alumnos que non seguiron a avaliación continua:
      • A nota será a do examen final (EF), obtida como suma das notas das dúas partes do examen: EF = EX1 + EX2.
    • Alumnos que seguiron a avaliación continua:
      • Realizarán obrigatoriamente a segunda parte do exame (EX2). A cualificación de EX2 será de 0 a 6 puntos e gardarase como nota da avaliación continua da segunda parte da asignatura (AC2) ata a convocatoria de xullo (AC2 = EX2).
      • O alumno poderá decidir se facer ou non a primeira parte do exame (EX1), en caso de facela só será tida en conta cando sirva para mellorar a nota obtida na avaliación continua (AC1).
      • A nota final será, por tanto: EF = max (EX1, AC1) + EX2.

3. EXAME DE RECUPERACIÓN.

  • O exame de recuperación tamén estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 4 puntos, e EX2 (temas 4 a 7) cun valor máximo de 6 puntos.
  • Para os alumnos que non seguiron a avaliación continua, a nota será a do exame final (EF) calculada como suma das notas das dúas partes do exame: EF = EX1 + EX2.
  • Os alumnos que seguiron avaliación continua ecollerán se facer: só EX1, só EX2, ou
    ambas partes. A cualificación final será: EF = max(EX1, AC1) + max(EX2, AC2), sendo EX1 e EX2 as notas obtidas en cada parte do examen de recuperación, AC1 a nota da avaliación continua, e AC2 a nota da evaluación continua da segunda parte da asignatura (obtida na segunda parte do exame de final de cuatrimestre).

OBSERVACIÓNS:

  • Considerarase presentado a todo estudante que se presente á proba de avaliación continua ou a calquera dos dous exames finais (ó de final de cuatrimestre ou ó de recuperación). Se un alumno se presentou á proba de avaliación continua (AC1), ainda que non se presente a ningún exame final, considerarase como presentado e será calificado.
  • Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000