Resolución de problemas |
Realizaranse 3 probas en horario de Grupo A: ECA1, ECA2 e ECA3. A puntuación de cada unha destas tres probas será de: 1.5, 3 e 3 puntos, respectivamente. Para superar a materia por avaliación continua é obrigatoria a asistencia ás tres probas e obter polo menos 0.75 puntos na proba ECA3.
En 3 das 11 sesións de Grupo B exporase ao final das mesmas a resolución dunha tarefa avaliable ( ECB1, ECB2, ECB3) cunha puntuación máxima de ata 0.5 puntos cada unha delas, o que supón un total de 1.5 puntos.
Os horarios das probas aprobaranse na CAG e estarán dispoñibles a principio de cuadrimestre.
|
90 |
|
B3 B4
|
C4
|
|
Práctica de laboratorio |
Esta proba ( ECHW) realízase en horario de Grupo B en laboratorio de hardware. O día concreto aprobarase na CAG e estará dispoñible a principio de cuadrimestre.Trátase dunha proba relativa a exercicios de montaxe e medida de circuítos, e terá unha puntuación máxima de 1 punto. Para estes exercicios valoraranse a capacidade de traballo en grupo, o axuste ás especificacións de deseño e a presentación de resultados.
Para superar a materia por avaliación continua é obrigatoria a asistencia ás dúas sesións de prácticas de laboratorio (hardware) e á súa correspondente avaliación. |
10 |
|
B3 B4
|
C4
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Adicionalmente ao sistema de avaliación continua, constituído polos tres conxuntos de probas (ECA, ECB e ECHW) que se acaban de describir, o alumnado poderá optar pola realización dun exame final. Este exame abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e poderá incluir probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación máxima deste exame é de 10 puntos. |
0 |
|
B3 B4
|
C4
|
|
O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia: 1. Primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:
- Alumnado que só realiza a avaliación continua (suma das cualificacións das probas ECA1, ECA2, ECA3, ECB1, ECB2, ECB3 e ECHW): é cualificado coa puntuación que obtivo na mesma,
- Alumnado que só realiza o exame final: é cualificado coa puntuación que obtivo no mesmo.
- Alumnado que realiza a avaliación continua e o exame: é cualificado coa mellor de ambas as puntuacións.
2. Segunda oportunidade (ou convocatoria extraordinaria). O alumnado que non superou a materia ao final do cuadrimestre pode realizar unha proba única que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación alcanzada no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e á do exame final de avaliación continua. Iste mesmo tipo de proba empregarase para a avaliación extraordinaria de fin de carreira. Comentarios adicionais:- A cualificación en todas a probas de avaliación é individual.
-
O alumnado debe asistir ás prácticas de laboratorio no grupo que lle foi asignado ao principio de cuatrimestre. - Levarase a cabo un control de asistencia ás sesións prácticas.
- A realización da ECA2 ou sucesivas probas puntuables e/ou algún dos exames finais significará que o alumno terá unha calificación distinta da de "Non presentado".
-
A nota obtida en avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realice. - Considérase que a materia está aprobada si a nota final é igual ou superior a 5.
Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización. Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba). |