Sesión maxistral |
Os obxectivos desta metodoloxía son a exposición dos contidos teóricos, e a comprobación periódica do grao de asimilación dos mesmos por parte do alumnado.
Ao longo destas sesións suscitaranse exercicios e/ou problemas enfocados ao ámbito específico
de estudo, que serán resoltos polo profesor ou ben polos alumnos co apoio do profesor,
ben de xeito individual ou grupal.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE4, CT2 e CT3. |
Prácticas en aulas de informática |
Realizaranse exercicios de simulación de circuítos con axuda dos programas PSpice e Matlab.
Estas sesións comezarán coa resolución tutelada, de xeito individual e/ou grupal, de supostos prácticos vinculados aos contidos teóricos da asignatura.
As solucións obtidas serán contrastadas e/ou analizadas facendo uso das ferramentas
informáticas indicadas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse 2 sesións prácticas no laboratorio de hardware nas que se abordarán exercicios de montaxe e medida de circuítos básicos. Das 4h correspondentes, 1h destinarase á
avaliación destas sesións. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4. |