Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B2 Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos pertinentes a unha serie de situacións complexas relacionadas coa xestión do desenvolvemento sustentable.
B4 Que os estudantes sexan capaces de comunicar os seus coñecementos e conclusións sobre cuestións ambientais de forma clara e sen ambigüidades, tanto a públicos especializados como non especializados.
B5 Que os estudantes sexan capaces de aprender de forma autónoma os avances que se producen no ámbito do desenvolvemento sustentable.
C1 Diagnosticar e avaliar os efectos da actividade humana e económica sobre o medio natural.
C11 Integrar as cuestións ambientais na estratexia e na xestión da organización co obxectivo de obter unha vantaxe competitiva.
C12 Coñecer e saber aplicar as diferentes ferramentas de xestión ambiental dispoñibles para as organizacións.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Comunicación oral e escrita.
D5 Iniciativa e espírito emprendedor.
D6 Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000