Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Empresa e Cambio Climático
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Empresa e Cambio Climático Código V03M169V01204
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodríguez Méndez, Miguel Enrique
Correo-e miguel.r@uvigo.es
Profesorado
Gago Rodríguez, Alberto
Parajo Calvo, Bernardo José
Rodríguez Méndez, Miguel Enrique
Web http://http://webs.uvigo.es/miguel.r
Descrición xeral O obxectivo desta materia é desenvolver a capacidade do estudante para enfrontarse ás implicacións económicas e empresariais das políticas de loita contra o cambio climático para calquera organización, xa sexa esta pública ou privada. Poremos especial énfase nas políticas para a mellora no aforro e a eficiencia enerxética, así como no sistema europeo de comercio de emisións. En consecuencia, esta materia está moi vinculada coas materias Ciencias Ambientais e Tecnoloxías Ambientais, pois tenta dar resposta a diferentes problemas do ámbito científico e tecnolóxico: o efecto invernadoiro, etc. Esta materia tamén está moi vinculada coa materia Lexislación Ambiental. E por suposto, as Enerxías Renovables deben xogar un papel fundamental para a consecución dos obxectivos propostos polas políticas ambientais analizadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000