Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Lexislación Ambiental
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Lexislación Ambiental Código V03M169V01103
Titulacion
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Piñeiro García, María del Pilar
Correo-e pilar@uvigo.es
Profesorado
Pernas García, Juan José
Piñeiro García, María del Pilar
Sanz Larruga, Francisco Javier
Web
Descrición xeral O obxectivo principal da materia Lexislación Ambiental é ofrecer unha formación especializada no campo do Dereito Ambiental e as súas facetas sectoriais, informando sobre a súa evolución e réxime xurídico tanto en España como na comunidade internacional, destacando dunha maneira especial a evolución e os principios do Dereito Ambiental da Unión Europea que se desenvolveron a partir da década do setenta,
partindo dunha total ausencia nos tratados constitutivos ata chegar á consagración da
competencia comunitaria ambiental no Tratado da Unión Europea que entrou en vigor no 1 de novembro de 1993 e que potencia unha auténtica acción supranacional na materia (sinalar ao respecto, a modo de exemplo, que existen centos de directivas comunitarias en materia ambiental).
No caso concreto de España, é importante analizar a distribución de competencias en materia de medio ambiente entre o Estado e as Comunidades Autónomas, sistema que se caracteriza mesmo no
presente pola súa complexidade as súas constantes conflitividades, debendo tamén ter en conta as competencias ambientais das Administracións Locais.
Dada a gran cantidade de normas coas que contamos en Lexislación Ambiental, con esta materia pretendemos dar a coñecer o Dereito Ambiental e a intervención da Administración para protexer o medio ambiente, analizar a súa evolución no seo tanto da Unión Europea como de España, coñecer os principais Convenios e Tratados así como o Marco Comunitario e principais Directivas, considerar a planificación como técnica de protección no medio Ambiente. Importantes tamén son a participación e o acceso á información ambiental e o sistema de responsabilidade ante os danos ambientais. Así mesmo, dada a importancia do medio ambiente mariño na realidade socio-económica galega e española, esta materia inclúe tamén unha sección dedicada ao marco legal e administrativo para a protección do medio mariño.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000