Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Prácticas en Empresa
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Que os estudantes coñezan e comprendan os diversos aspectos do desenvolvemento sostible e as técnicas e ferramentas dispoñibles para a súa xestión.
B2 Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos pertinentes a unha serie de situacións complexas relacionadas coa xestión do desenvolvemento sostible.
B3 Que os estudantes sexan capaces de tomar decisións sobre cuestións medioambientais cunha conciencia crítica e analítica.
B4 Que os estudantes sexan capaces de comunicar os seus coñecementos e conclusións sobre cuestións medioambientais de forma clara e sen ambigüidades, tanto a públicos especializados coma non especializados.
B5 Que os estudantes sexan capaces de aprender de forma autónoma os avances que se producen no ámbito do desenvolvemento sostible.
C1 Diagnosticar e avaliar os efectos da actividade humana e económica sobre o medio natural.
C2 Coñecer os principais métodos e técnicas disponibles para o tratamiento dos residuos, as augas residuais, a contaminación atmosférica e calquera outro tipo de contaminación, así como as principais tecnoloxías de prevención da contaminación e de recuperación de medios contaminados.
C3 Estar capacitado para xestionar calquera tipo de emisión, vertido ou residuo, sexa cal sexa a súa orixe, aplicando as distintas tecnoloxías y tratamentos dispoñibles, así como para a súa administración desde o marco legal aplicable.
C4 Ser capaz de identificar, comprender e saber aplicar a normativa ambiental de ámbito internacional, nacional, autonómica e local aplicable en cada caso.
C5 Anticipar riscos ambientais derivados da normativa ambiental e incorporalos na estratexia da organización.
C6 Entender o problema ambiental coma un fallo de mercado e os posibles fallos do Estado na súa solución.
C7 Comprender os principais conceptos de economía ambiental e os instrumentos de política ambiental, as súas aplicacións na práctica e os seus efectos.
C8 Coñecer e saber aplicar os fundamentos da Avaliación de Impacto Ambiental e os conceptos xenerais que rexen a materia, así como as principais metodoloxías e ferramentas que poden utilizarse para a consecución dos obxectivos que se plantexan.
C9 Ser capaz de desenvolver a Avaliación de Impacto Ambiental en todos aqueles contextos nos que se requira, elaborando os diferentes documentos parciais que conforman o Estudio de Impacto Ambiental.
C10 Desenvolver habilidades para aplicar os procedementos legais mediante os que se intenta previr ou correxir os efectos ambientais de determinados plans e programas, introducindo os criterios ambientais nas fases de toma de decisións anteriores ás de proxecto.
C11 Integrar as cuestións ambientais na estratexia e na xestión da organización co obxectivo de obter unha vantaxe competitiva.
C12 Coñecer e saber aplicar as diferentes ferramentas de xestión ambiental dispoñibles para as organizacións.
C13 Ser capaz de diseñar e implantar un Sistema de Xestión Medioambiental conforme a las normas vigentes que poida ser integrado no sistema xeral de xestión da organización.
C14 Comprender o concepto de responsabilidade social corporativa, ser capaz de elaborar unha memoria de sostenibilidade conforme ás normas establecidas e utilizala como medio de comunicación cos grupos de interese da organización.
C15 Entender a problemática económica, tecnolóxica e normativa das enerxías renovables e as súas posibilidades de utilización en diversos contextos.
C16 Capacidade para xestionar a enerxía e aplicar un enfoque de eficiencia enerxética.
D1 Capacidade de análise y síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Comunicación oral e escrita.
D4 Capacidade de xestión da información.
D5 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
D6 Adaptación a novas situacións.
D7 Iniciativa e espírito emprendedor.
D8 Motivación para a calidade.
D9 Sensibilidade cara temas medioambientais.
D10 Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
D11 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
D12 Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000