Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Proxectos O Traballo Fin de Máster (TFM) realizarase individualmente para poñer en práctica as habilidades e competencias que se desenvolverán durante o curso.
Adoptará normalmente a forma de proxecto, segundo se explica máis adiante, e terá un carácter eminentemente práctico, aplicando as técnicas e ferramentas de innovación e optimización para resolver un problema concreto relacionado con algunha tecnoloxía, empresa, sector, centro tecnolóxico, entidade pública, etc.
Existen dous Directores Técnicos de Proxectos (DTPs): un centrarase nos TFMs de innovación e o outro nos de optimización. As súas responsabilidades fundamentais son (1) aprobar a proposta inicial de TFM, (2) asignar un supervisor; e (3) calificar o traballo final.
O procedemento transcorrerá como segue: tras aprobar a proposta inicial de TFM, os DTPs asignarán un supervisor ao estudante (eles mesmos ou outros profesores do máster). Este supervisor traballará cos estudantes e, se considera que o produto final cumpre un estándar mínimo, será quen comunique aos DTPs que o traballo está listo para ser avaliado. O estudante enviará entón unha copia electrónica do TFM a innovamaster@uvigo.es e outra ao DTP que lle corresponda.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000