Esta materia centra a súa proposta na innovación de carácter social. Nos atopamos nun contorno no que a forma de pensar e actuar dos distintos axentes está a cambiar, e onde as redes e o aprendizaxe colectivo se tornan en factores fundamentais para competitividade e o desenvolvemento rexional e empresarial. A cooperación en redes, a necesidade de transformarse e cambiar continuamente e a forma de organizar o coñecemento son aspectos que se abordarán, tanto dunha perspectiva teórica como ofrecendo actuacións concretas levadas e cabo e sustentadas sobre estes conceptos.