Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Desenvolvemento e Globalización
   Contidos
Tema Subtema
1. O desenvolvemento, o territorio e a globalización: retrospectiva histórica, cuestións centrais e metodoloxías de análise - En torno dos conceptos: o territorio como espazo politicamente construído; o renovado debate en torno do desenvolvemento no contexto da globalización; unha nova consciencia: o desenvolvemento sustentable.
- O desenvolvemento e as súas diferentes abordaxes (a teoria da modernización como perspectiva ortodoxa do desenvolvemento; a teoria estruturalista e a necesidade dunha análise histórico-estrutural das economías dos países en desenvolvemento; a teoria neomarxista e a visión do subdesenvolvemento como un elemento central no propio funcionamento do sistema capitalista; a teoria neoliberal e a aposta polo mercado como axente central do desenvolvemento; as teorias alternativas e a perspectiva da erradicación da pobreza como esencial para o desenvolvemento; a adopción dun concepto multidimensional de desenvolvemento).
2. O desenvolvemento visto a partir das dinámicas locais - O paradigma teórico territorialista.
- O planeamento e o ordenamento do territorio desde a óptica das institucións e dos axentes implicados.
- O contexto de actuación dos diferentes poderes (central, rexional, local e poderes difusos). A (deficiente?) articulación entre os planos locais e os planos rexionais e nacionais de desenvolvemento: o caso portugués a debate.
- Algúns exemplos das tentativas de promoción do desenvolvemento en territorios deprimidos: as apostas polas economías locais, polo patrimonio, pola paisaxe e polo turismo.
3. A sustentabilidade dos modelos dominantes de desenvolvemento - A causa ecoloxista: xénese dun novo movimento social. Os problemas ambientais, as alteracións climáticas e as ameazas à biodiversidade. As estratexias de acción desde a década de 1970.
- As variantes da idea de sustentabilidade: da manutención suavizada do modelo capitalista às propostas máis radicais.
- A tentativa de aplicación de novos indicadores para dar conta do problema da degradación do “capital natural”: como ir alén da utilización do PIB?
4. As dinámicas, os conceptos e os indicadores da globalización - Globalizacións na esfera económica, política e cultural.
- Escenarios da globalización: do debate acerca da súa xénese ao debate acerca do seu futuro.
- O desenvolvemento local e rexional no marco da globalización: que modelos, que perspectivas?
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000