Código |
Descrición |
A1 |
Saber afondar na realidade social, económica, administrativa e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal |
A2 |
Saber elaborar e xestionar candidaturas a programas comunitarios |
A3 |
Saber analizar as características, os logros e os déficits da cooperación territorial promovida pola UE |
A4 |
Ser capaces de establecer estratexias acumulativas que permitan aproveitar os programas comunitarios como impulso para o desenvolvemento sostible do territorio, no marco dos respectivos Programas Operativos. |
B1 |
Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo |
B2 |
Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en entornos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados |
B6 |
Ter capacidade para traballar polos valores democráticos e polos valores da paz |
B8 |
Saber valorar a importancia da solidariedade e da cohesión social e territorial como fonte de progreso e desenvolvemento. |