Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Xogos Cooperativos
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer e comprender o obxecto de estudo da teoría de xogos cooperativos, distinguindo as situacións nas que existe unha utilidade transferible daquelas nas que non é así.
saber
A2
B1
Coñecer os principais conceptos ligados á teoría cooperativa dos xogos.
saber
A2
B1
Coñecer, saber calcular e interpretar correctamente os conceptos de solución máis habituais, tanto os de carácter normativo como os de carácter descritivo.
saber
saber facer
A2
B1
B5
Comprender e valorar o interese dos modelos cooperativos de teoría de xogos para resolver problemas de división de beneficios, así como de repartición de custos.
saber
saber facer
A2
A4
B1
B4
Coñecer os pasos para a construción dun modelo matemático en función da utilidade dos xogadores.
saber
saber facer
A2
A4
B1
Ser capaz de modelizar problemas reais en termos das ganancias potenciais da cooperación.
saber
saber facer
A2
B1
B3
Favorecer unha actitude positiva cara aos aspectos máis formais da teoría de xogos.
saber facer
B5
Espertar o gusto polo uso e estudo da teoría de xogos, véndoa como unha ferramenta que permite profundar máis sobre o propio campo de coñecemento e iniciarse na realización de investigacións propias.
Saber estar / ser
B5
Fomentar a sensibilidade cara aos varios principios do pensamento científico, favorecendo as actitudes asociadas ao desenvolvemento dos métodos matemáticos, como: o cuestionamiento das ideas intuitivas, a análise crítica das afirmacións, a capacidade de análise e síntese ou a toma de decisións racionais.
Saber estar / ser
B5
Fomentar unha actitude de compromiso ético, incidindo no relativo a non copiar os estudos doutros nin aproveitarse do seu traballo.
Saber estar / ser
B3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000