Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Estatística Espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas de resolución de cuestións sobre os contidos téoricos para a avaliación das competencias adquiridas 50 A5
D1
D2
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas de resolución de problemas, con datos reais e/ou simulados 50 C3
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. O alumnado poderá elixir un dos seguintes sistemas de avaliación
na convocatoria de Maio/Xuño de 2018:

1.A Avaliación Continua:

- Para a avaliación da docencia teórica realizarase unha proba tipo
test, que terá un peso do 50% na nota final.

- Para a avaliación da parte práctica realizaranse exercicios
prácticos. O primeiro correspondente aos temas I e II. O segundo,
correspondente aos temas III e IV na última sesión presencial. En conxunto
terán en total un peso do 50% na nota final.

- As probas anteriores levaránse a cabo en sesións de docencia
presencial. 

- Para aprobar a materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas avaliacións e conseguir un mínimo
de 4 puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas.

1.B Avaliación non Continua:

- O sistema de avaliación desta convocatoria constará dunha proba de resposta
curta para a parte teórica e outra proba para a parte práctica de resolución
de exercicios (usando un programa informático).

- A nota de cada proba terá un peso do 50% na nota final. As
probas anteriores levaránse a cabo na data oficial que se fixe para esta materia
na convocatoria de Maio/Xuño de 2018. 

- Para aprobar a materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4
puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas.

2. A avaliación
na convocatoria de Xullo de 2018 e sucesivas levaránse a cabo nas datas oficiais da forma seguinte:

- Realizarase unha proba de resposta curta para a avaliación da
docencia teórica e unha proba para a parte práctica de resolución de exercicios
(usando un programa informático). A nota de cada proba terá un
peso do 50% na nota final. 

- Para aprobar esta materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4
puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000