Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Verificación e Implantación da Responsabilidade Social Corporativa
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Verificación e Implantación da Responsabilidade Social Corporativa Código V03M019V01110
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4 OB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Correo-e rocio@uvigo.es
Profesorado
Mateo Troncoso, Noemia
Pastor Martín, Marta
Philippot Fernandez, Jose
Rey Tristán, Pablo
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Web
Descrición xeral Nos últimos anos, o desenvolvemento medioambiental unido a distintas inquietudes de tipo social foron continuo obxecto de preocupación para toda clase de individuos, empresas, organizacións e gobernos.
Desde este concepto de desenvolvemento sostible, e como consecuencia da evolución da responsabilidade social da empresa, definiuse un informe que as empresas están comezando a publicar de modo regular: a Memoria de Sostenibilidade. Un documento que resume as principais actividades dunha entidade para contribuír ao desenvolvemento sostible, do seu desempeño en términos económicos, sociais e medioambientais.
Ademais desta memoria, as empresas marcáronse o propósito da implantación dun sistema de normas que garanten o cumprimento dun desenvolvemento sostible. A elaboración de esas normas de xestión da RSC, así como a sua posible certificación son un campo de investigación aplicada que está en fase de definir. Existen normas e procedementos de distintas organizacións en RSC que poden ser válidas como referencias a aplicar.
En resumen, como continuación á materia anterior de Responsabilidade Social e Goberno Corporativo, é necesario profundizar na elaboración práctica das memorias de sostenibilidade e coñecer as ferramentas de implantación de normas de RSC nas empresas como complemento á parte estratéxica teórica da primeira materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000