Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  A Práctica da Avaliación Ambiental Estratéxica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia A Práctica da Avaliación Ambiental Estratéxica Código V03M019V01108
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Mendez Martinez, Gonzalo
Correo-e mendez@uvigo.es
Profesorado
Cantano Boyano, Alis
Desdentado Gómez, Luis Adolfo
Mendez Martinez, Gonzalo
Navazo la Fuente, Marius
Pérez Gulín, Juan Marcos
Web
Descrición xeral A Avaliación Ambiental Estratéxica é considerada hoxe en día un dos máis completos instrumentos de axuda á decisión sobre iniciativas de desenvolvemento de amplio alcance con potenciais efectos sobre o medio ambiente. Ao mesmo tempo, é considerada como un proceso para integrar o concepto de sostibilidade desde os máis altos niveis en que se adoptan as decisións acerca dos modelos de desenvolvemento.

A AAE é o equivalente da Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) aplicada ás Políticas, Plans e Programas (PPP), é dicir, ós instrumentos de planificación que preceden ao proxecto nos procesos de toma de decisións e o superan en nivel de abstración e en amplitude dos eidos espacial e temático aos que afectan.

Unha e outra son instrumentos preventivos de xestión ambiental que obrigan a considerar o medio ambiente nas propostas de inversión; sen embargo tres características fundamentais diferencian á AAE de la AIA: 1) O carácter estratéxico dos impactos que considera; 2) O enfoque adaptativo, incluso proactivo, que adopta a AAE fronte ao fundamentalmente reactivo que soe caracterizar á AIA; 3) A visión integral que implican os impactos ambientais estratéxicos dun PPP, que non poden ser considerados nin entendidos illadamente, senón de xeito conxunto cos efectos económicos e sociais de tal xeito que a AAE pon de manifesto a importancia da coordinación e integración de tódalas avaliacións.

Nesta asignatura estudiarase o proceso de AAE e tódolos seus requerimentos en relación á documentación, consulta pública, amplitude de detalle e alcance, e prazos, así coma a metodoloxía estipulada para levar a cabo cada unha das fases do proceso de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000