Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  As Bases da Avaliación Ambiental Estratéxica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia As Bases da Avaliación Ambiental Estratéxica Código V03M019V01107
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
2 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Mendez Martinez, Gonzalo
Correo-e mendez@uvigo.es
Profesorado
Cantano Boyano, Alis
Mendez Martinez, Gonzalo
Vázquez Pumariño, Xavier
Web
Descrición xeral A Lei de Avaliación Ambiental Estratéxica establece a obriga de realizar unha avaliación medioambiental dos Plans e Programas das Administracións Públicas, durante o proceso de preparación e adopción dos mesmos, de xeito anterior á súa aprobación. A Lei responde ás esixencias establecidas pola normativa europea e transpón a Directiva 2001/42/CE referente á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.
O obxectivo da Lei 9/2006 é “promover un desenvolvemento sostible, acadar un elevado nivel de protección do medio ambiente e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e adopción de plans e programas, mediante a realización dunha avaliación ambiental daqueles que poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente”.
Para o desenvolvemento da Avaliación Ambiental Estratéxica, a administración responsable de avaliar o Plan ou Programa deberá previamente elaborar o Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA) de dito plan ou programa, que inclúe tódala información necesaria sobre cales son os impactos sobre o medio ambiente, como se solucionan e que opcións ou alternativas son as mellores ambientalmente para acadar os obxectivos do Plan.
O Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA) e o Plan, na súa redacción inicial ou provisional, pasan por un proceso de consulta pública, que incluirá así mesmo consultas transfronteirizas con outros países no caso de que poideran ser afectados polos plans que se elaborarán en España, para seren aprobados finalmente, no seu caso, pola autoridade competente.
Esta materia proporcionará ao alumno as bases necesarias para comprender os requisitos e o obxectivo da Avaliación Ambiental Estratéxica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000