Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Desenvolvemento da Avaliación de Impacto Ambiental
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Como apoio a esta materia, propóñense o mesmo tipo de accións individuais que na anterior: 1. Intentar identificar algún proceso de información pública dalgún proxecto cercano, sometido a Avaliación de Impacto Ambiental e participar no proceso, conseguindo acceder ao documento público; posteriormente, facer o seguemento hasta a súa resolución. 2. Ter acceso, a software (existe freeware) que permita facer ensaios e tentativas de manexo e xeración de cartografía temática. 3. Realizar unha investigación autónoma, a través de internet, das fontes de consulta pública de datos, informes e cartografía, coa finalidade de acadar prácticas áxiles e eficientes na procura de datos para a aplicación no traballo. 4. Intentar posicionarse, con argumentos técnicos, ante diferentes proxectos e/ou situacións polémicas que estean a sair nos medios de comunicación social, a fin de coñecer a nosa capacidade real para formular e defender, con rigor técnico, posicións que poidan ir, incluso, contra a corrente principal de opinión. 5. Coñecer a normativa sobre o réxime xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento administrativo común A parte, é importante que se teña unha visión positiva e equilibrada das consecuencias do desenvolvemento humano e, particularmente do desenvolvemento industrial, de xeito que non se tomen posicións predeterminadas con poucos datos. A avaliación de impacto ambiental, ante todo debe ser rigurosa, científica e obxectiva, polo cal non deberían ter cabida prexuizos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000