Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Ciencia e Tecnoloxía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. Caso de non poder avaliar este apartado, a porcentaxe da nota sumaríase ao test.
10 (1)
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver de forma autónoma o análise e resolución dos problemas e/ou exercicios. Caso de non poder avaliar este apartado, a porcentaxe da nota sumaríase ao test.
10
Sesión maxistral
Terase en conta a asistencia e participación activa ás sesións.
20 (1)
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 60%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) A asistencia e participación dos alumnos nas actividades presenciais indicadas supón un 20% da nota final.


Faranse recomendacións personalizadas segundo a insuficiencia dos resultados nos distintos aspectos da avaliación, a fin de obter un resultado equilibrado e suficiente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000