Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de tarefas que o alumno realiza durante todo o cuadrimestre, sobre competencias xenéricas, específicas e transversais.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Empregar as ferramentas de valoración máis apropiadas para a resolución dos problemas expostos.
Mostrar fluidez na resolución dos problemas financeiros básicos e interpretar correctamente os seus resultados.
Utilizar, de forma adecuada, vocabulario e simboloxía matemático-financeira.
Xulgar a consistencia dos seus resultados.
Resolver cuestións financeiras mediante o uso da folla de cálculo.
Organizar de forma eficiente a aprendizaxe.
Identificar o campo de aplicación xeral da Matemática financeira.
Distinguir os aspectos esenciais das operacións financeiras.
Manexar fontes de información económico-financeira fiables e actualizadas.
Incorporar a retroalimentación personalizada para consolidar o seu proceso de aprendizaxe.
Mostrar unha actitude respectuosa cos demais e consigo mesmo no proceso de aprendizaxe.
Realizar actividades de autoavaliación.
30
Probas de resposta curta EXAME FINAL:
Proba presencial, na data oficialmente establecida.
Avalíase a adquisición de competencias de coñecemento, a destreza na práctica e a aplicación da lóxica financeira a novas situacións.
Consta de tres niveles: básico, intermedio e avanzado.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Na primeira sesión do curso coméntase con detalle toda a información relativa á avaliación continua e ponse a disposición do alumno o cronograma da materia, con planificación semanal do seu proceso de aprendizaxe. Ademais, preséntase o curso en liña MOF Virtu@l, especificamente deseñado para a aprendizaxe de Matemática financeira, seguindo o programa da
materia e o ritmo pautado nas clases presenciais. </p><p>A nota de avaliación continua do alumno consérvase, exclusivamente, no curso académico no que se obtén.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000