Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico
  A2 Comprender a linguaxe económica básica e o modo de pensar dos economistas
  A3 Coñecer o marco institucional da economía
  A4 Capacidade para situar a economía na súa evolución histórica
  A5 Comprender as bases de funcionamento da economía, tanto nos ámbitos máis amplos como nos máis próximos
  A6 Adquirir coñecementos de Análise económica
  A7 Comprender o entorno empresarial
  A8 Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e o seu contido
  A9 Identificar e anticipar problemas económicos relevantes nos ámbitos público e privado
  A10 Capacidade de formular modelos simples de relación das variables económicas, baseados na utilización de instrumentos técnicos
  A11 Capacidade de elaborar medidas de política económica para alcanzar uns obxectivos dados
  A12 Avaliar, utilizando técnicas empíricas, as consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as máis idóneas
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Respecto aos valores éticos e cívicos. Compromiso ético co traballo
  B2 Desenvolver sensibilidade respecto ao medio ambiente e compromiso cunha economía sustentable
  B3 Capacidade de traballar en equipo
  B4 Espírito emprendedor e capacidade de liderado, incluíndo empatía co resto de persoas
  B5 Responsabilidade e capacidade de asumir compromisos
  B6 Habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto orais como escritas
  B7 Competencias ligadas á procura e organización de documentación e á presentación do seu traballo de maneira adecuada á audiencia
  B8 Ler e comunicarse en inglés no ámbito profesional
  B9 Capacidade de elaborar informes de asesoramento económico
  B10 Fomentar a actitude crítica e autocrítica
  B11 Capacidade de xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos
  B12 Exercitar habilidades de aprendizaxe autónoma que abran campos para a innovación
  B13 Autocontrol no sistema de traballo, a respecto de tempo e planificación
  B14 Fomentar a mobilidade e adaptabilidade a ámbitos e situacións diferentes
  B15 Fomentar o espírito investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000