Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
Presentación Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar. Para presentar o traballo é imprescindible asistir polo menos a 2/3 das clases. 20 C8
D2
D4
D5
Probas de resposta curta Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En todas as convocatorias nota final da materia resultará da suma da obtida na avaliación continua (40% da nota) e a obtida nun exame final (60% da nota).

Avaliación continua (40% da nota final):

- 20% pola realización e presentación dun traballo no que os estudantes revisarán algún caso de competencia. Para un adecuado desenvolvemento do traballo é preciso que os alumnos coñezan os contidos da materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir polo menos a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só os alumnos que cumpran este requisito poderán presentar o traballo.

- 20% por controis periódicos.

Exame final (60% da nota final):

Como regra xeral, o exame suporá o 60% da nota. Con todo, aqueles estudantes que superasen os controis periódicos, obtendo 5 ou máis puntos (sobre 10), poderán optar por non presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos controis suporá un 80% da nota final.

NOTA IMPORTANTE: Se non se superan os controis periódicos, a nota final da materia será a suma da cualificación obtida por avaliación continua (40%) máis a cualificación do exame (60%). Con todo, a puntuación do exame final só se terá en conta cando sexa igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a que obtivesen por avaliación continua.

Datas de exame.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. Véxase o apartado correspondente na web da facultade:
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000