Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
Presentacións/exposicións Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar. 20 C8
D2
D4
D5
Probas de resposta curta Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En todas as convocatorias nota final da materia resultará da suma da obtida na avaliación continua (40% da nota) e a obtida nun exame final (60% da nota).


Avaliación continua (40% da nota final):


- 20% pola realización e presentación dun traballo no que os estudantes revisarán algún caso de competencia.


- 20% por controis periódicos.


Exame final (60% da nota final):


Como regra xeral, o exame suporá o 60% da nota. Con todo, aqueles estudantes que superasen os controis periódicos, obtendo 5 ou máis puntos (sobre 10), poderán optar por non presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos controis suporá un 80% da nota final.


NOTA IMPORTANTE: Se non se superan os controis periódicos, a nota final da materia será a suma da cualificación obtida por avaliación continua (40%) máis a cualificación do exame (60%). Con todo, a puntuación do exame final só se terá en conta cando sexa igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a que obtivesen por avaliación continua.


Datas de exame.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. Véxase o apartado correspondente na web da facultade:
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000