Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metodoloxía docente consistirá no desenvolvemento de varios tipos de clases presenciais (teóricas e prácticas) e no traballo persoal do alumno para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas expostos.

Nas clases teóricas exporanse de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvolvéndose con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é conveniente que os alumnos lean con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Resolución de problemas As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos alumnos con antelación para que os resolvan antes da clase. Dese modo, poderán identificar aquelas cuestións que lles resultan máis dificultosas e poderán resolver as súas dúbidas en clase.

Tamén se realizará o seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante pequenas probas e exercicios que haberán de entregar.
Presentacións/exposicións Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar e explicar aos seus compañeiros nunha clase práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000