Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Tributación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión inicial na que o docente presentará o contido e obxectivos da materia así como a metodoloxía de traballo e os sistemas de control e avaliación.
Lección maxistral En cada sesión, o docente presentará as cuestións máis relevantes de cada tema. Formulará a metodoloxia a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos económicos da norma tributaria e resaltará a súa aplicación práctica
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Despois de cada sesión maxistral o/a alumno/a deberá profundizar de xeito autónomo nas cuestións expostas consultando as referencias bibliográficas, accedendo as fontes de información e a páxina web da Axencia Tributaria.
Tamén se lles facilitará exercicios resoltos para axudar a situar o enfoque práctico de cada tema.
Prácticas autónomas a través de TIC Cada semana, despois da sesión maxistral, abrirase un prazo para respostar a un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na plataforma Faitic. Trátanse de actividades non presenciais que posibiliten o seguimento e avaliación do/a alumno/a e o seu preceso de aprendizaxe.
Prácticas en aulas informáticas As sesións prácticas en aula de informática consistirán na resolución dun caso práctico empregando as aplicacións informaticas e programas de axuda que facilita a Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado na Plataforma Faitic.
Estudo de casos/análises de situacións En cada sesión proporanse casos a estudar en grupos reducidos (máximo 3 alumnos) conformados ao comezo de curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos expostos.
Os alumnos disporán previamente dos enunciados dos casos a través Faitic e deberán elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través de Faitic antes do desenvolvemento da sesión presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000