Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Só se aplicará ao alumno que asista como mínimo ao 80% das clases prácticas.
5 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
C1
C2
C6
D4
D5
Presentacións/exposicións Análise dunha industria concreta na que se estudie e reflexione sobre diferentes cuestións económicas referidas ao poder de mercado e os seus efectos. 15 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B6
B7
C2
C4
C5
C6
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de tipo test Probas de elección múltiple sobre cuestións teóricas e prácticas de materia. 20 A1
A2
A3
C1
C2
C4
C5
C6
D4
D5
Probas de resposta curta Proba que consta de dúas partes, unha de tipo test con preguntas teóricas e prácticas curtas, e outra con exercicios a resolver similares aos resoltos durante o curso. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación inclúe:

I. Avaliación continua (ata 4 puntos), que se basa en:

1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (0,5 puntos). Sólo se aplicará aos alumnos que asistan a un mínimo do 80% das clases prácticas.

2. Desenvolvemento dun traballo en equipo e presentación (1,5 puntos).

3. Probas tipo test. Realizaranse 2 probas tipo test (2 puntos)

II: Exame final (ata 6 puntos), que consta de dúas partes, unha de tipo test con preguntas teóricas e prácticas curtas, e outra con exercicios similares aos resoltos durante o curso.


CUALIFICACIÓN FINAL: A nota final resulta da suma das notas acadadas na avaliación continua e no exame final. Nembargantes, a puntuación do exame sómente será tida en conta cando o alumno obteña unha nota igual ou superior a 3 dos 6 puntos. En caso contrario a nota final será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continua.


Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final (avaliación continua + exame) igual ou superior a 5 puntos.


A nota de avaliación continua manterase para tódalas convocatorias do curso.


O exame final realizarase nas datas sinaladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade e que poderá atoparse na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000