Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
5 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
C1
C2
C6
D4
D5
Presentacións/exposicións Análise dunha industria concreta na que se estudie e reflexione sobre diferentes cuestións económicas referidas ao poder de mercado e os seus efectos. 15 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B6
B7
C2
C4
C5
C6
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de tipo test Probas de elección múltiple sobre cuestións teóricas e prácticas de materia. 20 A1
A2
A3
C1
C2
C4
C5
C6
D4
D5
Probas de resposta curta Probas que constan de dúas partes, unha con preguntas teóricas para respostar de maneira breve, e outra con exercicios a resolver similares aos resoltos durante o curso. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consta de dous elementos:

I. Avaliación continua (ata 4 puntos): Esta inclúe:

1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (0,5 puntos).

2. Desenvolvemento do traballo de curso e presentación (1,5 puntos).

3. Probas tipo test. Realizaranse 2 probas tipo test (2 puntos)

II: Probas: Realizaranse 2 probas (ata 6 puntos):

1. Exame parcial co contido teórico e práctico dos temas 1 a 4. Os alumnos que teñan superado o exame parcial (para o cal é necesario ter acadado unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) solo terán que examinarse da parte correspondente aos temas 5 a 8. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

2. Exame final: constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 4, e a segunda aos temas 5 a 8), cada unha delas valorada sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter un mínimo de 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Neste caso a nota do exame será obtida como media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes.

Observación: A nota final resulta da suma dos elementos de avaliación sinalados. Nembargantes, a puntuación do exame sómente será tida en conta cando o alumno obteña unha nota de exame igual ou superior a 2 dos 6 puntos. En caso contrario a nota será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continua.


A nota de avaliación continua manterase para tódalas convocatorias do curso.

Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos.


Os exames oficiais realizaranse nas datas sinaladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade e que poderá atoparse na páxina web da mesma: http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201415.html
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000