Nesta materia ofrécese unha análise económica dos principais programas de gasto público existentes nos Estados do Benestar modernos (sanidade, educación e I+D, vivenda, Seguridade Social e programas de loita contra a pobreza). Para facelo, empréganse as ferramentas vistas na materia "Economía Pública" co obxectivo de afondar nos fallos de mercado que xustifican a actuación do sector público, os tipos de intervención existentes e os efeitos e problemáticas asociadas á mesma.