Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metodoloxía docente consistirá no desenrolo de clases presenciais, tanto teóricas como prácticas, e no traballo persoal do alumnado para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas plantexados.
As clases teóricas consistirán na exposición dos principais contidos dos distintos temas, desenvolvendose con detalle aqueles aspectos de maior complexidade. Para un axeitado seguimento e comprensión das clases é moi recomendable que o alumnado lea con atención o material e bibliografía suministrados para cada un dos temas.
Resolución de problemas de forma autónoma As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que serán entregadas coa suficinte antelación ao alumnado para que os poda levar resoltos as clases. Isto lles permitirá identificar aquelas cuestións que lles resultan máis difíciles. Cada tema terá o seu respectivo boletín de problemas con preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento. O alumnado deberá expoñer a resolución dos exercicios o resto da clase, valorándose esta participación. Farase un seguimento do aprendizaxe do alumnado mediante probas que deberán realizar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000