Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metoloxía docente consistirá no desenrolo de clases presenciais teóricas, prácticas e titorías en grupos así como no traballo persoal do alumnado para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas plantexados.
As clases teóricas consistirán na exposición dos principais contidos dos distintos temas, desenvolvendose con detalle aqueles aspectos de maior complexidade. Para un axeitado seguimento e comprensión das clases é moi recomendable que o alumnado lea con atención o material e bibliografía suministrados para cada un dos temas.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que serán entregadas coa suficinte antelación ao alumnado para que os leve resoltos as clases. Isto lles permitirá identificar aquelas cuestións que lles resultan máis difíciles e resolvelas na aula.
Farase un seguimento do aprendizaxe do alumnado mediante probas que deberán realizar.
Titoría en grupo Nos seminarios en grupo reducidos vanse realizar diversas actividades dirixidas a afianzar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas aulas teóricas e prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000