En todas as convocatorias, a nota final da materia resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que sopoñerá un 40% da nota final (ata 4 puntos), e a nota obtida nun exame escrito, que valerá o 60% restante da nota final (ata 6 puntos).
Avaliación continua (ata 4 puntos):
O 40% da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a entrega de exercicios ou cuestións e a nota dos pequenos controis que se farán periodicamente. Concretamente a puntuación será a seguinte:
- Ata 0,5 puntos pola entrega de follas de problemas ou cuestión, sempre que o alumno asista a lo menos ao 80% das clases prácticas.
- Ata 3,5 puntos polas notas dos controis periódicos.
Exame escrito (hasta 6 puntos):
Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros 3 temas da materia e un exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.
Os alumnos que superen o exame parcial (obtendo unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) só terán que examinarse no exame final da parte correspondente aos temas 4 a 7. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
O exame final constará de 2 partes (a primeira corresponderá cos temas 1 a 3 e a segunda cos temas 4 a 7), cada unha das cales se valorará sobre 6. A nota do exame obterase como a media aritmética simple das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Non obstante, a puntuación do exame só se terá en conta cando sexa igual ou superior a 3.
CUALIFICACIÓN FINAL: En todas as convocatorias, a nota final da materia resulta da suma da cualificación por avaliación continua máis a cualificación do exame, sempre que esta última sexa igual ou superior a 3; se a nota do exame é inferior a 3, a cualificación final será igual á puntuación obtida por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame final será a cualificación que obtivesen por avaliación continua.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final (avaliación continua + exame) igual ou superior a 5 puntos.
A nota de avaliación continua será utilizada en tódalas convocatorias do curso.
En caso de non aprobar, o alumno deberá examinarse de ambas partes no exame de xullo con independencia de que en exames previos tivera aprobado algunha das partes.
Os exames oficiais celebraránse nas datas sinaladas no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade e que estará dispoñible na páxina web oficial da Facultade. |