Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Consistirá no desenvolvemento de clases presenciais (teóricas, prácticas e titorías en grupo).
Nas clases teóricas exporase de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvovendo con máis detalle os puntos de maior complexidade.
Nas clases prácticas resolveranse exercicios e se incentivará o traballo persoal do alumno para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas plantexados.
Para un adecuado seguemento e comprensión das clases é conveniente que os alumnos lean con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos
alumnos con antelación para que os resolvan antes da clase. Deste xeito, poderán identificar
aquelas cuestións que lles resulten máis dificultosas e poderán resolver as suas dudas na clase.
Tamén se realizará o seguemiento da aprendizaxe dos estudiantes mediante pequenas
probas e exercicios que terán que entregar.
Titoría en grupo Nos seminarios en grupos se realizarán diversas actividades dirixidas a afianzar os
coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas e prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000