Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Contabilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Proba na que o alumno debe responder a unha serie de cuestións, de carácter teórico/práctico, que cobren os aspectos básicos de la materia 20 C13
Probas de resposta curta Proba na que ao alumno expónselle unha serie de exercicios sobre aspectos concretos da materia, que cobren a xeneralidade das cuestións consideradas durante o curso 70 A2
A3
A4
C13
Observación sistemática O alumno é obxecto dun seguimento ao longo do curso co fin de reunir unha serie de datos obxectivos que reflictan a súa actitude ante a materia e o avance no proceso de aprendizaxe 10 A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Durante todo o curso o alumno ser obxecto de proba/s escritura/s  co fin de coñecer o seu grao de avance na materia, tanto como instrumento de autoevaluación como por parte do profesor. Estas probas serán obxecto de cualificación que configurarán o 20% da nota.  O 10% outorgarase pola disposición do alumno ante a materia (asistencia, participación, actitude, ...). O 70% restante derivarase dun exame escrito de carácter global que se celebrará ao final do curso, convocatorias de maio/xullo. Para superar a materia ser  preciso obter na proba final unha nota mínima de 4 sobre 10; en caso contrario, a nota máxima global que se poderá obter será un 4,5.  Para a segunda convocatoria, de presentarse, manteranse as cualificacións correspondentes  á Observación sistemática e a Resolución de exercicios de forma autónoma.

As datas de exames deberán ser consultadas na página web da Facultade.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000