Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Resolveranse exercicios similares aos dos boletíns de problemas dos temas correspondentes a cada sesión. Os alumnos deberán entregar a solución dos exercicios propostos pola profesora para a súa corrección e cualificación.
Prácticas en aulas informáticas Nestas sesións utilizaremos o programa estatístico SPSS, aplicando as técnicas introducidas nas clases teóricas a distintos conxuntos de datos. Os alumnos deberán resolver, utilizando o programa SPSS, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado deixarase na plataforma Tema para a súa corrección e cualificación
Titoría en grupo Estas sesións terán dous partes. Na primeira parte os alumnos poderán suscitar todas as cuestións ou dúbidas que teñan sobre a materia, tanto a nivel teórico como práctico. Na segunda parte os alumnos resolverán cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma Tema, que xerará unha cualificación que tamén formará parte da nota final.
Resolución de problemas de forma autónoma Os alumnos deberán resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas e realizar os cuestionarios de autoavaliación dispoñibles na plataforma Tema.
Outros Titorización virtual.

Na plataforma Tema incluiranse Foros para que os alumnos poidan consultar cuestións sobre contidos teóricos e prácticos, dispondo así dun procedemento de titorización virtual.
Lección maxistral Nas clases de teoría presentaranse e desenvolveranse os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase os alumnos, a través da plataforma Tema, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000