Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolveranse exercicios dos boletíns de problemas dos temas correspondentes a cada sesión. Os alumnos deberán entregar a solución dos exercicios propostos pola profesora para a súa corrección e cualificación.
Prácticas en aulas de informática Nestas sesións utilizaremos o programa estatístico SPSS, aplicando as técnicas introducidas nas clases teóricas a distintos conxuntos de datos. Os alumnos deberán resolver, utilizando o programa SPSS, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado deixarase na plataforma Tema para a súa corrección e cualificación
Titoría en grupo Estas sesións terán dous partes. Na primeira parte os alumnos poderán suscitar todas as cuestións ou dúbidas que teñan sobre a materia, tanto a nivel teórico como práctico. Na segunda parte os alumnos resolverán cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma Tema, que xerará unha cualificación que tamén formará parte da nota final.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos deberán resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas e realizar os cuestionarios de autoavaliación dispoñibles na plataforma Tema.
Outros Titorización virtual.

Na plataforma Tema incluiranse Foros para que os alumnos poidan consultar cuestións sobre contidos teóricos e prácticos, dispondo así dun procedemento de titorización virtual.
Sesión maxistral Nas clases de teoría presentaranse e desenvolveranse os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase os alumnos, a través da plataforma Tema, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000