Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Empresa: Economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor, aplicando os coñecementos que adquiriu. Correspóndese coas prácticas que debe realizar o alumno integrado nun grupo de traballo e de xeito presencial. Parte da avaliación realizaráse de xeito individual. 30 B4
C7
C8
C12
D2
D5
D7
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. Correspóndese coa parte teórica do exame final. 35 C7
C12
D5
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Correspóndese coa parte práctica do exame final. 35 C7
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (70% da nota final, 7 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 3,5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

- Traballos realizados en grupo e individualmente nas prácticas de xeito presencial (30% da nota final, 3 puntos).

Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame y da nota dos traballos realizados nas prácticas de xeito presencial.

No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame nunha escala de 10 puntos.

Antes da revisión do exame, procederáse á súa corrección pública, na que se explicarán os criterios de puntuación. No caso de que non poida ser realizada a corrección pública, facilitaráse unha copia resolta do exame para ser consultada durante a revisión. 

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas.

Os alumnos que asistan a dúas ou máis prácticas e non se presenten a ningún exame serán calificados como suspensos na segunda convocatoria e a súa nota será a das prácticas nunha escala de 10 puntos tendo en conta que as prácticas supoñen o 30% da nota final.

As datas dos examen deberán ser consultadas na páxina web da Facultade:

http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000