Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Principios de economía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito. Haberá un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames 60 C2
C4
C5
C6
Resolución de problemas Realizaranse controis periódicos que consistirán en exercicios que o alumno realizará nas clases prácticas e que terá que entregar. Contará tamén a asistencia ás clases prácticas 30 C2
C4
C5
C6
Traballo Os alumnos terán que entregar algún traballo ao longo do curso. 10 C8
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN


A nota do alumno constará de dous partes: Un exame final escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e a avaliación continua que pesará ata un 40% (4 puntos). A nota final do alumno será a suma das notas destas dúas partes a condición de que o alumno alcance a nota mínima esixida no exame final escrito (2,5 puntos dos 6 posibles). En caso de non alcanzar esa nota mínima, a nota do alumno será a obtida na avaliación continua sen que se teña en conta o exame final. A nota correspondente á avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para a convocatoria de xullo do presente curso académico.
Exame escrito (Ata 6 puntos ): Haberá 1 exame final escrito de contido tanto teórico como práctico que se realizará na data fixada na convocatoria oficial de exames. A nota mínima esixida para superar o exame final é de 2,5 puntos dos 6 posibles.
Avaliación continua (Ata 4 puntos ): O 40% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de exercicios que poidan solicitarse, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que periodicamente se farán nas clases prácticas.
A nota correspondente ao apartado de avaliación continua (40% da nota final) gardarase unicamente para as convocatorias do presente curso académico.
DATAS EXAMENES OFICIAIS: Na páxina web da facultade podedes consultar as datas oficiais de exames e os cambios que poidan producirse.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000