Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Principios de economía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito. Haberá un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames 60 C2
C4
C5
C6
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse controis periódicos que consistirán en exercicios que o alumno realizará nas clases prácticas e que terá que entregar. Contará tamén a asistencia ás clases prácticas 30 C2
C4
C5
C6
Traballos e proxectos Os alumnos terán que entregar algún traballo ao longo do curso. 10 C8
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN


A nota do alumno constará de dous partes: Un exame final escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e a avaliación continua que pesará ata un 40% (4 puntos). A nota final do alumno será a suma das notas destas dúas partes a condición de que o alumno alcance a nota mínima esixida no exame final escrito (2,5 puntos dos 6 posibles). En caso de non alcanzar esa nota mínima, a nota do alumno será a obtida na avaliación continua sen que se teña en conta o exame final. A nota correspondente á avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para a convocatoria de xullo do presente curso académico.
Exame escrito (Ata 6 puntos ): Haberá 1 exame final escrito de contido tanto teórico como práctico que se realizará na data fixada na convocatoria oficial de exames. A nota mínima esixida para superar o exame final é de 2,5 puntos dos 6 posibles.
Avaliación continua (Ata 4 puntos ): O 40% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de exercicios que poidan solicitarse, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que periodicamente se farán nas clases prácticas.
A nota correspondente ao apartado de avaliación continua (40% da nota final) gardarase unicamente para as convocatorias do presente curso académico.
DATAS EXAMENES OFICIAIS: Na páxina web da facultade podedes consultar as datas oficiais de exames e os cambios que poidan producirse.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000