Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Economía mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Presentación escrita de Informe en relación ao primeiro dos temas propostos que será avaliado segundo o seu contido e a Base de Datos que acompaña a cada Informe 10 C3
C4
C5
C8
C13
D5
D7
Seminarios Presentación oral dos Informes requiridos e traballo en grupo.

Cada un dos Informes consistirá nun texto escrito de extensión limitada e unha Base de Datos que recollerá os valores das variábeis, os cálculos dos indicadores seleccionados e a súa representación gráfica
40 C3
C4
C5
C8
C13
D2
D5
D7
Sesión maxistral A participación nas sesións maxistrais será parte da avaliación final.

Esa participación instrumentarizarase mediante:
-Preguntas e comentarios orais durante a sesión
-Resumos críticos das lecturas obrigatorias e voluntarias
10 C3
C4
C5
D5
D7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización de proba escrita. Consistirá en:

- Enunciados que o alumno determinará se son verdadeiros ou falsos

-Enumeración de características, diferenzas e/ou similitudes de procesos económicos

- Interpretación económica de datos, gráficas ou textos.
40 C3
C4
C5
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segunda convocatoria o alumno manterá a nota das sesións Maxistrais. Os alumnos terán a posibilidade de mellorar os resultados obtidos en algunhas Prácticas en Aulas de Informática e nos Seminarios. Realizará unha Proba de Resposta Longa similar á da primeira convocatoria.

Para superar a materia será necesario obter 5 ou máis puntos, como suma das puntuacións obtidas en cada unha das probas. En calquera caso esíxese unha puntuación mínima de 3 puntos (sobre 10) na proba denominada "Probas de resposta longa, de desenvolvemento".

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000