Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Desenvolverase este traballo mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Xunto co resto de elementos da avaliación continua, un 40 C1
C2
C8
C10
C12
D5
D7
Resolución de problemas de forma autónoma Probas nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver este traballo de forma autónoma e resolver os problemas e/ou exercicios propostos. Xunto co resto de elementos da avaluación continua, un 40 C1
C2
C8
C10
C12
D2
D5
D7
Probas de resposta curta Probas con preguntas breves sobre a materia. Xunto co resto de elementos da avaluación continua, un 40 C1
C10
Outras Exame final.
60 C1
C10
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final do curso será a suma da nota obtida polo traballo e probas realizadas durante o curso (avaliación continua) cunha ponderación do 40% sobre o total, e da nota obtida no exame final, cunha ponderación do 60% do total. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a convocatoria de xullo.

Os puntos da avaliación continua obteranse por: a) probas realizadas ao longo do curso, b) asistencia ás clases e participación nas mesmas.

As datas de exames poderán ser consultadas na páxina web da Facultade:

http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000