Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Historia económica de España/V03G100V01906


 
Outros comentarios
1. Aconséllase un traballo regular, sistemático, ao longo do cuadrimestre, tanto no referido aos contidos teóricos, transmitidos nas clases maxistrais, como nos traballos de seminario. 2. As alumnas e alumnos terán en conta que se avaliará: a) Participación e realización das tarefas nos seminarios (26% da nota final). A asistencia a estas sesións é obligatoria. b) Participación e realización de tarefas nas titorias de grupo (4% da nota final). A asistencia a estas sesións é obligatoria. c) Coñecementos teóricos (50% da nota final) d) Coñecemento sobre as lecturas realizadas nos seminarios (20% da nota final). 3. Na parte práctica, como na teórica, será especialmente tido en conta o interese demostrado e a calidade das intervencións, ben sexa dentro dos grupos de traballo que se formen, ben individualmente. 4. Convén lembrar que para aprobar esta materia hai que ter aprobada cada unha das partes, teórica e práctica, tal e como se explica no apartado referido á avaliación, desta Guía. Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levan a cabo na materia, e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico, derivados da dinámica da clase e do grupo de destinatarios real, ou pola relevancia das situacións que poidesen xurdir. Así mesmo, achegaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Utilizarase para elo a plataforma TEMA (CLAROLINE) en faitic.uvigo.es.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal