Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Dúas horas semanais (dous días, una hora por sesión).
Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán adedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Seminarios Realizaránse 6 (duración por sesión 2h,30').
É una instancia para socializar, depurar e sintetizar os coñecementos adquirido na preparación da sesión.
Concíbese como un proceso de aprendizaxe continuado.
O obxectivo é preparar o estudantado para a compensión dos textos propostos como lecturas.
Esixirá un traballo previo a sesión, que consistirá na lectura dun tema señalado, así como a redacción dun pequeno documento coas ideas e argumentacións maís relevantes da lectura.
Na propia sesión, expondranse e debatiranse as lecturas.
Titoría en grupo Realizaránse 2 sesión de titoria en grupo, de 2h 30' cada unha.
Previamente, a profesora selecionará cuestións clave dos contidos da materia, a tratar pola súa importancia ou dificultade.
O alumnado deberá elabora para estas sesións un esquema de dúbidas e preguntas sobre esas cuestións clave.
Tamén servirán estas sesións para resolver dúbidas xerais sobre os contidos ou as prácticas da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000