Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Competencias de titulación
Código Descrición
A8 Aplicar os coñecementos adquiridos a futuras situacións profesionais e desenvolver competencias relacionadas coa elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo
A9 Identificar a xeneralidade dos problemas económicos que se suscitan nas empresas, e saber utilizar os principais instrumentos existentes para a súa resolución
A10 Valorar, a partir dos rexistros relevantes de información, a situación e previsible evolución dunha empresa
A11 Tomar decisións estratéxicas utilizando diferentes tipos de modelos empresariais
A12 Solucionar de maneira eficaz problemas e tomar decisións utilizando métodos cuantitativos e cualitativos apropiados, incluíndo entre eles a identificación, formulación e solución dos problemas empresariais
B1 Capacidade de análise e síntese
B3 Habilidades relacionadas co uso de aplicacións informáticas utilizadas na xestión empresarial
B7 Ler e comunicarse en inglés como lingua estranxeira
B8 Comunicarse con fluidez no seu entorno, incluíndo competencias interpersoais de escoita activa, negociación, persuasión e presentación
B11 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
B12 Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B13 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
B15 Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial
B16 Capacidade de lideranza, incluíndo empatía co resto de persoas
B17 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000